Como podemos frear a perda de dereitos, ... relatorio de Suso Díaz

COMO PODEMOS FREAR A PERDA DE DEREITOS
Por Xesús Díaz Díaz -Suso Díaz, obreiro metalúrxico, xubilado de ASTANO, activista sindical e analista político.

Quixera comezar polo final contestando que é posible frear a perda de dereitos si os e as traballadoras e as persoas individual e colectivamente participamos, nos organizamos e nos mobilizamos na súa defensa. Cando nos agreden témonos que defender e a única forma é a participación nos partidos políticos de esquerda, sindicatos de clase e movementos sociais (ecoloxistas, feministas, AAVV, APAs, etc.) imprescindible para organizar as mobilizacións necesarias que eviten o recorte de dereitos e, aínda máis, os amplíen. Se non hai organización dificilmente podemos combater a un sistema capitalista que non só é inmoral e inxusto senón que é un sistema depredador e todos os cualificativos que se queira, que todos son válidos.

Vídeo da intervención de Suso Díaz

Xesús Díaz Díaz -Suso Díaz, nasce no ano 1944 en Ferrol. Obreiro metalúrxico, xubilado de ASTANO, activista sindical e analista político.

Na tarde, do Sábado 24 de Setembro de 2011, comezaba a cuarta Mesa da segunda xornada do Foro Social de Ferrol Terra. A cuarta Mesa refería-se a: Como podemos frear a perda de dereitos? É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?.

A Mesa foi presentada por Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG.

Participaron na citada Mesa Merche Díaz López, da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, sindicalista da CIG; Silvia Bermúdez Pérez, licenciada en dereito, vinculada á FESGA;  Vitoria Iglesias Morales, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres; e Xesús Díaz Díaz, ex-secretario xeral de CCOO-Galicia que o fixo en terceiro lugar, antes de Vitoria. Agora presentamos o vídeo de Suso Díaz que dura case 20  minutos.

A filosofía da vida boa, ... relatorio de Manuel Miragaia Doldán

Por Manuel Miragaia Doldán, activista social, escritor e filósofo.

A filosofía da vida boa

Preguntas para a reflexión:
  • Que cousa é vivir ben?
  • Como podemos vivir?
  • A vida individual e a vida colectiva.
  • Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?
Na vida cotiá, o ser humano non só contempla e teoriza a súa experiencia, senón que tamén intervén sobre ela. Inmerso no mundo natural e social, leva a cabo diferentes tipos de accións que transforman o seu medio e tamén a si mesmo. Nestes casos xa non adopta unha disposición distanciada e reflexiva cara á súa experiencia, como sucede na actividade teórica, senón que se atopa completamente inmerso nela: a razón que goberna a súa relación co mundo e consigo mesmo é, agora, de carácter práctico. O ser humano pasa daquela a comportase como un axente práctico, que crea e actúa.

Decrecemento: Ferrolterra noutro modelo Económico, ... Relatorio de Manuel Rivera Iglesias

Por Manuel Rivera Iglesias (presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa intercultural Armeria).

O Decremento e os estereotipos

Utilizar o concepto do Decrecemento fora do círculo de estudosos e activistas que están afeitos a traballar con el é todo un reto, un reto perigoso se temos en conta que vivimos nunha sociedade cuns medios de comunicación de masas que favorecen a uniformidade de valores, e pautas culturais estándares baseadas en moitas ocasión en estereotipos. Os estereotipos mediante imaxes mentais simplificadas e superficiais permítennos organizar a nosa información sobre o que pasa ao noso derredor. Convértense nunha forma común e en certa forma “natural”, de falar nun grupo de xente coa que nos relacionamos.

Vídeo da intervención de Lois Rodríguez

Lois Rodríguez Martínez, Cofundador da Asociación de Medios en Galego.

Pouco antes do mediodía do Sábado 24 de Setembro de 2011, comezaba a segunda Mesa da segunda xornada do Foro Social de Ferrol Terra. A segunda Mesa refería-se a: "Son posíbeis outros medios de comunicación? Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?".

A Mesa foi presentada por Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal, membro da Executiva Comarcal da CIG e Vogal da Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro. Participaron nesta segunda Mesa: Mariano E. Fernández Cabarcos, Coordenador Legal da Rede de Medios Comunitarios (ReMC)l;  Ana Belén Puñal Rama, xornalista, investigadora, foi redactora da revista Tempos Novos e  Lois Rodríguez Martínez, cofundador da Asociación de Medios en Galego que falou en primeiro lugar. Agora presentamos o vídeo de Lois Rodríguez que dura case 28  minutos.

Vídeo da Intervención de Séchu Sende

Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas.

A primeira hora da mañá, do 24 de Setembro de 2011, comezaba o Foro Social de Ferrol Terra. A primeira Mesa refería-se a: "O Movemento 15-M , que hai de novo? Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo 'democrático' actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M".

A Mesa foi presentada por Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Participaron nesta primeira Mesa:  Jordi Calvo Rufanges, economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais; Martinha Suárez Martínez, activista da #acampadaferrol e  Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas que interveu en primeiro lugar. Agora presentamos a intervención de Séchu Sende, nun vídeo de case 40 minutos.

Que há de novo no 15 M? - Sobre língua, activismo, papel higiénico e outras cousas, ... Relatório de Séchu Sende

Que há de novo no 15 M? Sobre língua, activismo, papel higiénico e outras cousas.

Por Séchu Sende (escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas)


Que há de novo no 15 M? Essa é a questiom!

Pois, entre outras muitas cousas, a relaçom deste movimento social com a língua.

Eu falo galego desde os 16 ou 17 anos. Antes dessa idade sempre falei em espanhol. É curioso, da minha etapa como castelám falante si que lembro a visiom distorsionada e parcial que tinha sobre a língua galega e a gente que falava galego, mediatizada polos prejuíços mais habituais: quem fala galego é da aldeia, ou nacionalista, ou tem mais de sesenta anos… Em fim, estereotipos que daquela e hoje continuam vigentes e que eu mesmo vivim quando adolescente.

“E, non ou”, ... Relatorio de Ana Belén Puñal Rama

“E, non ou”

Por Ana Belén Puñal Rama, xornalista e investigadora en comunicación e xénero.

Nunca as dicotomías son tan fixas como nos poidan parecer. As cousas, di a sabedoría popular, non son nin brancas nin negras. E, aínda que a pregunta da que parte esta mesa formula unha dicotomía –“Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios” –, eu creo que non debemos falar de “ou” senón de “e”.

Porque, para forzar aos medios ao cambio, é preciso darlles a ver que estamos dispostas a responderlles con voz crítica e en alto, a pasar deles se é preciso (porque quitarlles público é darlles onde máis lles doe) e mesmo a crear as nosas propias alternativas e loitar cos nosos propios medios.

Vídeos da intervención de Manuel Monereo Pérez

Manuel Monereo Pérez, advogado, escritor e investigador do Centro de Estudos Políticos e Sociais (CEPS).

Pouco antes do mediodía do Domingo 25 de Setembro de 2011, tivo lugar a sexta e última Mesa do Foro Social de Ferrol Terra. Esta sexta Mesa refería-se a: "Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?".

A Mesa foi presentada por Bárbara Primo, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres. Participaron nesta primeira Mesa: Tareixa Ledo Regal, socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro, vinculada ao Sindicato Labrego Galego; Manuel Miragaia Doldán, activista social, escritor e filósofo; Manuel Monereo Pérez, advogado, escritor e investigador do Centro de Estudos Políticos e Sociais (CEPS) que interveu en último lugar. Agora presentamos en tres partes a intervención de Manuel Monereo, entre os tres vídeos soman case 28 minutos.

Achegas e retos do movemento 15-M ... Relatorio de Jordi Calvo Rufanges

Achegas e retos do movemento 15-M

Por Jordi Calvo Rufanges (Centre Delàs d’estudis per la pau de Justícia i Pau – Barcelona)

As protestas convocadas de xeitos similares ás do 15-M nalgúns países da contorna árabe, que levaron a cambios máis ou menos profundos en Tunisia e Exipto, puideron servir como inspiración ao 15-M. A súa metodoloxía probablemente inspirou a esas persoas anónimas que decidiron impulsar unha protesta estatal nun país economicamente paralizado pola crise e sumido nun letargo social, incomprensible desde outros lugares de Europa.

San Sadurniño ... Relatorio de Secundino García Casal

Agradecendo e presentado

En primeiro lugar gustaríame dar as grazas á organización por artellar unhas xornadas como estas, xa que son unha magnífica oportunidade para debater e compartir ideas, experiencias e boas prácticas.

As teorías e as utopías son necesarias, pero se non teñen unha aplicación práctica moitas veces poden perder o seu interese. Por iso os que estamos ideoloxicamente na esquerda, e máis no actual momento, temos mesmo a obriga de demostrar que as nosas ideas, as nosas propostas, as nosas liñas ideolóxicas son as acaídas para mellorar a calidade de vida do conxunto da sociedade. E iso faise desenmascarando as mentiras que nos fan crer, pero tamén con exemplos prácticos de que outro mundo é posible.