Vitoria Iglesias Morales

Vitoria Iglesias Morales, activista feminista da cidade de Vigo, ten unha actividade constante no movemento feminista desde o ano 1980, cando entra a formar parte da histórica “Coordenadora Feminista”. O seu paso pola organización feminista “Donicela”, fundiuse coa incorporación de moitas feministas galegas à Marcha Mundial das Mulleres, rede feminista internacional que chega a reunir en Galiza a mais de 40 organizacións. Facendo parte da súa Coordenadora Nacional desde os inicios, participa en varios Foros Sociais Europeos, e acude como delegada á IIIª Acción Internacional da MMM, que se celebrou no Congo no ano 2010.

Entre os anos 2007 e 2008, ocupou o cargo de Directora da Residencia de Panxón, por nomeamento da Secretaria Xeral de Igualdade, Carmen Adán, convertendo esta antiga residencia de lecer, onde aínda non desapareceran as pegadas do franquismo, numha verdadeira escola de formación de mulleres. Esta mesma residencia, acolleu, baixo a súa dirección, no ano 2008 o Encontro Internacional da Marcha, recibindo delegadas de todo o mundo.

As persoas que comparten con ela o traballo nas organizacións das que fixo ou fai parte, destacan dela unha característica, a de practicar un activismo autocrítico, activando nas organizacións unha constante reflexión sobre os camiños que se recorren e os obxectivos que se marcan.

http://www.feminismo.info/

http://www.marchemondialedesfemmes.org

Unha intervención reciente de Vitoria






|||||||||||||||||||||