Manuel Miragaia Doldán

Manuel Miragaia Doldán -A Coruña 1958, é un activista social, filósofo, escritor, investigador, crítico literario e político, a través dos numerosos artigos en diferentes medios de comunicación. Exerce a docencia como profesor no ensino público. Licenciado en Filosofía pura pola USC, Mestre, é especialista en lingua galega.

Como escritor publicou os libros "Xénese e Apocalipse", Edicións do Castro (1981, poesía) e "Manual para escritores e outras sátiras", Ed. Toxosoutos (1997, narrativa). Ademais, traduciu sete libros ó galego e publicou ensaios en diversas revistas como “Arco da vella” (“Nós, os heterodoxos”) e “Agalia” (“A realidade portuguesa no pensamento galeguista”). Continúa producindo obra poética e narrativa.

Vinculado ao movimento veciñal participando na directiva da Asociación Veciñal de Agra do Orzán, na Coruña. Participa no movimento social pola recuperación da Memoria Histórica e é un dos promotores da "Fundación Viqueira".

Fontes: galegos.info, Galicia Hoxe, propia

'Vento Fresco' é a sección onde Manuel Miragaia Doldán escribe os seus artigos de opinión que logo publican diferentes medios como Diario de Ferrol, e Galicia Hoxe.

Enlace de interese:

Esta é unha entrevista actual datada no mes de Xuño do ano 2009, onde se pode apreciar o compromiso e o pensamento do Profesor, Filósofo e Escritor: Conversas Contemporáneas

Tamén ten colaborado no Terra e Tempo.

|||||||||||||||||||||||||||