Mariano E. Fernández Cabarcos

Mariano E. Fernández Cabarcos naceu Ponferrada (León), o 26 de Xaneiro de 1972, estudiou  Dereito na UDC. Nese periodo, en 1994, intégrase no Clube de Prensa da Universidade da Coruña, no que desenvolve actividades de prensa escrita na frustradamente periódica publicación da institución “A Tarima”.

O seu primeiro contacto ca radio ten lugar en Radio Culleredo, no programa “A Pé de Campus”, que codirixe, e que se emitiu por primeira vez en xaneiro de 1995. As persoas integrantes deste programa tiñan un grande interese pola radio, e ante a negativa reiterada da Universidade da Coruña de crear na cidade unha emisora universitaria similar á xa existente en Ferrol (Radio Kaos), constitúen a asociación Colectivo de Universitarios Activos (Cuac) en xuño de 1995, na que Mariano Fernández desempeñará diversas responsabilidades ao longo dos anos. Esta asociación é a entidade matriz de Cuac Fm, a emisora comunitaria da Coruña, que se estrea nas ondas galegas o 27 de marzo de 1996 e que resulta ser, unha importante dinamizadora cultural na localidade.

En Cuac Fm realiza diferentes programas e colabora asiduamente en moitos outros, simultaneamente a esa experiencia, colabora noutras emisoras locais comerciais da cidade, nas que desenvolve seccións fixas de información universitaria dende unha perspectiva non institucional. Tamén colabora esporádicamente na revista humorística “4 gatos”.

Profesionalmente traballa na xestión cultural en 10d10, adicada entre outras cousas á didáctica de medios (en especial de radio) e á producción radiofónica. No ámbito docente, son moitos os obradoiros que leva realizados nos últimos anos.

Na actualidade e dende 2003 realiza xunto con Tomás Legido o programa “Claves de Carral”, na emisora municipal Carral Radio, e o programa “Alegría” en Cuac Fm.

En Maio do 2009 foi elixido Coordenador de Lexislación da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) (radio, televisión, prensa, internet…) que leva o proxecto Legal de dita Rede.

Fontes: wikipedia, radioengalicia.com e propia.

De intereses:

Que é a ReMC ?

A Rede de Medios Comunitarios é un espazo que aglutina, coordina e defende os fins dunha diversidade de medios, iniciativas e prácticas de comunicación cidadás englobadas dentro do denominado Terceiro Sector da Comunicación (sendo o Primeiro o público institucional, e o Segundo o privado comercial).

A súa actividade comeza en 2005 promovida por diversos proxectos de radio e televisión comunitaria. O 24 de maio de 2009 a ReMC constitúese como unha federación de asociacións, que se rexe por estes Estatutos.

A ReMC está integrada en AMARC



AMARC

Movimiento internacional de radios comunitarias, cidadás e populares.


Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias

As emisoras libres e comunitarias galegas Radio Piratona (Vigo), Radio Kalimera (Compostela), Cuac FM (A Coruña), Radio Roncudo (Corme), Radio Clavi (Lugo) e Radio Filispim (Ferrol), acordaron artellar esta rede, que funciona de xeito libre e igualitario cos seguintes fins:
  • Compartir as experiencias e manter unha comunicación fluida
  • Acadar o recoñecemento da súa labor social
  • Procurar a dignificación das súas condicións de emisión
  • Velar polo ben común das emisoras que compoñen a rede
A rede é unha experiencia que permanece aberta a aquelas emisoras libres e comunitarias, feitas por e para a cidadanía galega.

Máis información en:

http://www.corme.net/regarlic/web/Inicio.html - REGARLIC


A Radio libre e Comunitaria da Terra de Trasancos "Rádio Filispim":



|||||||||||||||||||||||||||||||