Foi presidenta da Xunta de Persoal (comité de empresa) da Área Sanitaria de Ferrol entre o anos 1987-1991 polo Sindicato Galego da Sanidade SGS, e volta ser presidenta da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol, pola CIG, nos últimos anos, desde o 2007 até este 2011 que deixa de se-lo.
Participa no movemento político nacionalista galego durante varias décadas.
Continua a desenvolver o seu traballo no hospital A. Marcide e segue sendo delegada sindical da CIG.
Loitadora incansábel polos dereitos das traballadoras e traballadores da sanidade e na defensa dunha sanidade pública de calidade. Agora é membro e participa na Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol é en SOS Sanidade Pública.
Participa dende fai máis de 30 anos en diversos colectivos na defensa dos dereitos da muller, pola igualdade entre mulleres e homes e no eido social a favor dos máis necesitados. Alí onde teña lugar unha mobilización ou unha loita xusta na defensa da clase traballadora, ou na defensa do medio ambiente ou do patrimonio, esta a súa presenza.
Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
http://plataformadspferrol.blogspot.com/
SOS SANIDADE PÚBLICA
http://www.sos-sanidadepublica.org/
CIG
http://www.galizacig.com/avantar/
CIG-Saúde
http://www.cig-saude.org/CENTRAL/
CIG-Saúde-Ferrol
http://www.cig-saude.org/ferrol/
||||||||||||||||||||||