Manifestación

Manifestación e Concerto
Foro Social de Ferrol Terra

O Venres 23 de Setembro de 2011, está previsto celebrar unha Manifestación ás 19:00 hs e posteriormente unha Actuación Musical de 20:30 a 23:00 hs. onde participarán voces indignadas e comprometidas.


Manifestación
Venres 23 de Setembro, ás 19:00 hs.

Baixo o lema "Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida", terá lugar unha manifestación, en Ferrol, dos movimentos sociais, que partirá ás 7 da tarde desde o Campus de Esteiro, entre o edificio do Vicerreitorado e o Pavillón Deportivo, na esquina da Rúa San Ramón con Doutor Vázquez Cabrera. A Manifestación que discurrirá por diversas rúas de Ferrol, rematará no Cantón, diante do Palco da Música, onde terán lugar diferentes intervencións.
[Ver Mapa]

Actuación Musical

Venres 23 de Setembro, ás 20:30 hs.

Unha vez rematada a manifestación dará comezo un pequeno concerto, no mesmo lugar onde finaliza a manifestación. O concerto de "Voces Indignadas e Comprometidas", contará coa participación de: Jorge Mirancos, Fefi, Manolo Bacallao, María Manuela  e As Cantareiras de Trasancos..


Nota: A manifestación non estará convocada polo Foro Social, senón polas organizacións promotoras do Foro [*] e quen se quixera somar.


[*] Promoven e organizan un grupo de entidades da Comarca que veñen participado no Consello Nacional do Foro Social Galego, como son a Marcha Mundial das Mulleres; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21; Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol; Foro Galego de Imigración; Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia. Entidades ás que se sumaron o Colectivo OPAII -Ondas Para Activación Información Independente | Rádio Filispim no 93.9 da FM -radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos; e a Asociación Veciñal de Esteiro. E a nivel persoal Lucia Vizoso Amado, Alexandre Carrodeguas, Francisco Maceira Rodríguez e Begoña Maira Benítez.

||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||