Pouco antes do mediodía do Sábado 24 de Setembro de 2011, comezaba a segunda Mesa da segunda xornada do Foro Social de Ferrol Terra. A segunda Mesa refería-se a: "Son posíbeis outros medios de comunicación? Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?".
A Mesa foi presentada por Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal, membro da Executiva Comarcal da CIG e Vogal da Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro. Participaron nesta segunda Mesa: Mariano E. Fernández Cabarcos, Coordenador Legal da Rede de Medios Comunitarios (ReMC)l; Ana Belén Puñal Rama, xornalista, investigadora, foi redactora da revista Tempos Novos e Lois Rodríguez Martínez, cofundador da Asociación de Medios en Galego que falou en primeiro lugar. Agora presentamos o vídeo de Lois Rodríguez que dura case 28 minutos.
||||||||||||||||||||