Mostrar mensagens com a etiqueta Reseña Biográfica dxs Relatorxs. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Reseña Biográfica dxs Relatorxs. Mostrar todas as mensagens

Vitoria Iglesias Morales

Vitoria Iglesias Morales, activista feminista da cidade de Vigo, ten unha actividade constante no movemento feminista desde o ano 1980, cando entra a formar parte da histórica “Coordenadora Feminista”. O seu paso pola organización feminista “Donicela”, fundiuse coa incorporación de moitas feministas galegas à Marcha Mundial das Mulleres, rede feminista internacional que chega a reunir en Galiza a mais de 40 organizacións. Facendo parte da súa Coordenadora Nacional desde os inicios, participa en varios Foros Sociais Europeos, e acude como delegada á IIIª Acción Internacional da MMM, que se celebrou no Congo no ano 2010.

Entre os anos 2007 e 2008, ocupou o cargo de Directora da Residencia de Panxón, por nomeamento da Secretaria Xeral de Igualdade, Carmen Adán, convertendo esta antiga residencia de lecer, onde aínda non desapareceran as pegadas do franquismo, numha verdadeira escola de formación de mulleres. Esta mesma residencia, acolleu, baixo a súa dirección, no ano 2008 o Encontro Internacional da Marcha, recibindo delegadas de todo o mundo.

As persoas que comparten con ela o traballo nas organizacións das que fixo ou fai parte, destacan dela unha característica, a de practicar un activismo autocrítico, activando nas organizacións unha constante reflexión sobre os camiños que se recorren e os obxectivos que se marcan.

http://www.feminismo.info/

http://www.marchemondialedesfemmes.org

Unha intervención reciente de Vitoria






|||||||||||||||||||||

Mariano E. Fernández Cabarcos

Mariano E. Fernández Cabarcos naceu Ponferrada (León), o 26 de Xaneiro de 1972, estudiou  Dereito na UDC. Nese periodo, en 1994, intégrase no Clube de Prensa da Universidade da Coruña, no que desenvolve actividades de prensa escrita na frustradamente periódica publicación da institución “A Tarima”.

O seu primeiro contacto ca radio ten lugar en Radio Culleredo, no programa “A Pé de Campus”, que codirixe, e que se emitiu por primeira vez en xaneiro de 1995. As persoas integrantes deste programa tiñan un grande interese pola radio, e ante a negativa reiterada da Universidade da Coruña de crear na cidade unha emisora universitaria similar á xa existente en Ferrol (Radio Kaos), constitúen a asociación Colectivo de Universitarios Activos (Cuac) en xuño de 1995, na que Mariano Fernández desempeñará diversas responsabilidades ao longo dos anos. Esta asociación é a entidade matriz de Cuac Fm, a emisora comunitaria da Coruña, que se estrea nas ondas galegas o 27 de marzo de 1996 e que resulta ser, unha importante dinamizadora cultural na localidade.

En Cuac Fm realiza diferentes programas e colabora asiduamente en moitos outros, simultaneamente a esa experiencia, colabora noutras emisoras locais comerciais da cidade, nas que desenvolve seccións fixas de información universitaria dende unha perspectiva non institucional. Tamén colabora esporádicamente na revista humorística “4 gatos”.

Profesionalmente traballa na xestión cultural en 10d10, adicada entre outras cousas á didáctica de medios (en especial de radio) e á producción radiofónica. No ámbito docente, son moitos os obradoiros que leva realizados nos últimos anos.

Na actualidade e dende 2003 realiza xunto con Tomás Legido o programa “Claves de Carral”, na emisora municipal Carral Radio, e o programa “Alegría” en Cuac Fm.

En Maio do 2009 foi elixido Coordenador de Lexislación da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) (radio, televisión, prensa, internet…) que leva o proxecto Legal de dita Rede.

Fontes: wikipedia, radioengalicia.com e propia.

De intereses:

Que é a ReMC ?

A Rede de Medios Comunitarios é un espazo que aglutina, coordina e defende os fins dunha diversidade de medios, iniciativas e prácticas de comunicación cidadás englobadas dentro do denominado Terceiro Sector da Comunicación (sendo o Primeiro o público institucional, e o Segundo o privado comercial).

A súa actividade comeza en 2005 promovida por diversos proxectos de radio e televisión comunitaria. O 24 de maio de 2009 a ReMC constitúese como unha federación de asociacións, que se rexe por estes Estatutos.

A ReMC está integrada en AMARC



AMARC

Movimiento internacional de radios comunitarias, cidadás e populares.


Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias

As emisoras libres e comunitarias galegas Radio Piratona (Vigo), Radio Kalimera (Compostela), Cuac FM (A Coruña), Radio Roncudo (Corme), Radio Clavi (Lugo) e Radio Filispim (Ferrol), acordaron artellar esta rede, que funciona de xeito libre e igualitario cos seguintes fins:
  • Compartir as experiencias e manter unha comunicación fluida
  • Acadar o recoñecemento da súa labor social
  • Procurar a dignificación das súas condicións de emisión
  • Velar polo ben común das emisoras que compoñen a rede
A rede é unha experiencia que permanece aberta a aquelas emisoras libres e comunitarias, feitas por e para a cidadanía galega.

Máis información en:

http://www.corme.net/regarlic/web/Inicio.html - REGARLIC


A Radio libre e Comunitaria da Terra de Trasancos "Rádio Filispim":



|||||||||||||||||||||||||||||||

Manuel Rivera Iglesias

Manuel Rivera Iglesias, presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa Intrercultural Armeria. Tamén está ligado a proxectos de banca ética a través de Coop'57 Galicia e outros moitos proxectos sociais, solidarios e integradores.

Grazas por todo Manuel !

Manuel Rivera Iglesias, é Profesor de economia no IES Terra de Trasancos, activista de Ferrol Terra, dedicado a estudar, investigar, ... e promover o cooperativismo social, e a economía social e solidaria.

Na actualidade preside a Asociación de Economía Social Briante.

Briante é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a imnovación social dende unha metodoloxía solidaria, participativa e cooperativa

Entre os seus obxectivos está o fortalecemento das redes sociais, a integración social e laboral de rapaces e outros colectivos con dificultades de inserción. Así como participar e apoiar ás entidades de desenvolvemento local e outras formas de organización económica democrática.

E, Manuel Rivera, tamén promove a Cooperativa Intrercultural Armeria.

Armeria pretende ser una cooperativa de usuari@s, intercultural, sen ánimo de lucro pensada como un espazo de convivencia, cultura e traballo para tódalas persoas que conviven en Ferrol Terra e Eume.

Correos-e:
rivera@briante.org
manolorivera99@gmail.com

Manuel rivera no facebook:
http://facebook.com/manuel.rivera1

Web da AES Briante (Asociación de Economía Social):
http://www.briante.org/

Armeria Cooperativa Intercultural no facebook:
http://www.facebook.com/armeria.cooperativaintercultural

De moito interese:

Manuel Rivera Iglesias, é un dos coordinadores do proxecto “Emprendedores solidarios”, desenvolvido durante o curso 2009-2010 no IES Terra de Trasancos. Proxecto que levou o Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación ao Desenvolvemento, na modalidade de Formación Profesional (FP), froito de dez anos de traballo neste campo. Pode-se escoitar unha entrevista que lle fixeron a Manuel, a raíz de ser-lles concedido o premio.



||||||||||||||||||||||||||||||||||

Isabel Vilalba Seivane

Isabel Vilalba Seivane, membra do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina.

Isabel Vilalba Seivane, naceu hai 36 anos en Lourenzá. Fixo estudos de Filoloxía Hispánica, especialidade Galego-Portugués e o 2ª ciclo de Ciencias da Información. É labrega nunha explotación de leite e de fabas no concello de Lourenzá. Pertence ao Sindicato Labrego Galego dende hai 10 anos, e dende hai aproximadamente 6 é a responsable da Secretaría das Mulleres desta entidade. Representa ao Sindicato Labrego Galego na organización internacional Via Campesina, e na Marcha Mundial das Mulleres. Participou entre outros, nos seguintes foros internacionais:
  • Congreso Mundial de Mulleres da Vía Campesina (18-21 de outubro de 2006 en Compostela)
  • Foro Internacional de Soberanía Alimentaria (Febreiro 2007, Mali)
  • Foro Social Europeo ( Setembro 2008, Suecia)
  • V Conferencia Internacional da Vía Campesina (Maputo,Mozambique)
  • Reunión da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación,FAO.( Roma)
  • Foro Europeo de Soberanía Alimentaria, (Krems, Austria)

No discurso de Isabel Vilalba, palabras como Soberania Alimentaria, Igualdade, produtor@s de alimentos, Xustiza... convertense en utopias postas ao noso alcance. E comprendémolas, asumímolas, e nolas apropiamos como parte do noso presente que faga posible o futuro.

De interese:

Isabel Vilalba regresa da asemblea da FAO en Roma tras defender a agricultura labrega e sustentábel como solución á fame no mundo - 15 de Outubro do 2010

Web oficial do Sindicato Labrego Galego - comisións Labregas:
http://www.sindicatolabrego.com/

Web oficial de "La Via Campesina":
http://viacampesina.org/

Web oficial da Coordenadora Europea de "La Via Campesina":
http://www.eurovia.org/

||||||||||||||||||||||||||||||||

Manuel Monereo Pérez

Manuel Monereo Pérez, advogado, escritor e investigador do Centro de Estudos Políticos e Sociais (CEPS) e colaborador da revista "El Viejo Topo". Foi membro da presidencia federal de Esquerda Unida.

Blogue persoal:
http://manuelmonereoperez.blogspot.com/

Manuel Monereo, no buscador de Google.

Artigos de Manuel Monereo en Rebelión.

Francisco Sanchez do Piñeiro, membro da asociación político cultural Socialismo 21 entrevista a Manuel Monereo Pérez en Xaén o día 19 de marzo de 2011

Este é un dos 6 vidos dos que consta a entrevista, o resto pode-se ver no Canle: http://www.youtube.com/user/maraiJaen





||||||||||||||||||||||||

Secundino García Casal

Secundino García Casal -San Sadurniño 1965, Alcalde de San Sadurniño. Traballador da industria madeireira local (Intasa). Sindicalista.

Secundino desde moi novo, aos 14 anos comezou a militar no movimento estudantil de Ferrol, na organización Estudantes Revolucionarios Galegos -ERGA. Continuou a súa militancia política e actividade sindical, en organizacións da esquerda nacionalista, desde entón até hoxe -UPG,CIG,BNG,... .

Desde xuño de 2007 é alcalde do concello de San Sadurniño, en representación do Bloque Nacionalista Galego (BNG) co apoio dun do PSdeG-PSOE. Logo, revalidou de novo a alcaldía en 2011, mais desta vez o  BNG obtivo a maioría absoluta na corporación con 7 concelleiros, afrontando en solitario o goberno municipal na nova lexislatura, fronte a 3 edís do PP e outro do PSdeG-PSOE na oposición.

Secundino, é Alcalde de San Sadurniño un pequeno concello do noroeste da Galiza, na Comarca do Alto-Eume, concello vínculado a Ferrol, con 3.098 habitantes, segundo datos oficiais de 2010, de 193 entidades de poboación agrupadas en 7 parroquias.

O concello de San Sadurniño foi un dos primeiros concellos da Galiza que garante o acceso a internet de banda larga a todo o territorio por medio de tecnoloxía vía satélite con alta gratuita. "San Sadurniño, co apoio de asociacións locais, levantou unha rede de apoio á agricultura ecolóxica e un sistema de recollida de aceite usado, o primeiro de Galicia. Tal despregamento de iniciativas valeulle ao Concello unha mención na guía que publica a Fundación Biodiversidade coas 35 propostas máis destacadas dos municipios españois en favor do medio ambiente" [1].

Desde hai anos, e cada ano, o Concello desenvolve un proceso de Orzamento Participativos onde a veciñanza das sete parroquias debaten e deciden nas súas respectivas asembleas as obras ou servizos que son necesario acometer.

Web oficial do Concello:
http://www.sansadurnino.es/

Secundino, manten unha intensa actividade nas rdes sociais:

http://www.facebook.com/secundinogarcia


||||||||||||||||||||||

Silvia Bermúdez Pérez

Silvia Bermúdez Pérez, sindicalista da CIG, licenciada en dereito, vinculada á FESGA - FUNDACIÓN PARA O ESTUDO E DIVULGACIÓN DA CUESTIÓN SOCIAL E SINDICAL EN GALIZA.

Nada en Vigo, en 1979, licenciada en Dereito (rama económico-empresarial). Tivo un papel destacado no movemento estudantil participando dos CAF e formando parte dos órganos de goberno da Universidade de Vigo. Foi concelleira do BNG no último tramo da lexislatura 2003-2007. Milita na CIG dende o ano 2002, tendo un intenso e activo labor no seo da CIG-Mocidade. Na rede, mantén o blog persoal Galiza_subversiva.

Silvia Bermúdez, impartiu unha charla sobre a reforma da negociación colectiva na acampadavigo o 15-06-11

Na Acampada Vigo:




Artigos de Silvia:

Fontes: popia, CIG e Fesga.

||||||||||||||||||||

Juan Manuel Sánchez Gordillo

Juan Manuel Sánchez Gordillo, nace en Marinaleda -Sevilla, Andalucía- o 5 de Febreiro de 1949, pobo do cal é Alcalde reelixido por maioría absoluta desde 1979, profesor de historia, sindicalista, membro do Colectivo de Unidade dos Traballadores - Bloque Esquerda Andaluz (CUT-BAI), Sindicato de Obreiros do Campo (SOC) implicado no proxecto do Sindicato Andaluz de Traballadoras e Traballadores (SAT).

Juan Manuel Sánchez Gordillo, pertence á Comisión Executiva Federal de Esquerda Unida polo CUT-BAI e leva a secretaría de Soberanía Alimentaria de dito organismo. Foi elixido deputado ao Parlamento Andaluz en 2008, na candidatura de Esquerda Unida Os Verdes-Convocatoria por Andalucía (IULV-CA).

Juan Manuel Sánchez Gordillo, está intimamente ligado ao movimento nacionalista andaluz, á loita xornaleira e á loita obreira en xeral. Implicado durante máis de tres decadas, tanto como Alcalde como membro do SOC, na ocupación de fincas de latifundistas para crear emprego, e en políticas sociais de distribución da riqueza e de combate á pobreza, destacando a política por unha vivenda digna, que permite o acceso á vivenda desde 15 euros ao mes a través do sistema de auto-construción.

Marinaleda destaca-se pola súas singularidade, un pobo de pouco máis de 2.700 habitantes, da Serra Sur de Sevilla, mantén unha serie de políticas socialistas conseguidas a través da loita popular e da democracia participativa. O municipio pertence á "Red de Municipios pola Terceira República". Juan Manuel Sánchez Gordillo, tamén é un alcalde singular, con máis de 30 anos no poder obedencial, onde o pobo é o que máis ordena. O lema que ten orientado a súa vida é que "a utopía son soños atinxíbeis coa loita". É por iso, polo que "Gordillo" segue na trincheira de aqueles que perseguen un cambio en beneficio dos dereitos humanos, a paz e a xustiza social. En vez de especular, "Gordillo" demostra con feitos que o derito á vivenda pode ser un dereito real.

Marinaleda, outro mundo é posíbel. Juan Manuel Sánchez Gordillo
Publicado o 24.08.11 -Attac





A continuación en catro vídeos, un moi bon documentario emitido no Programa "Crónicas" de TVE o 12 de Xullo de 2009, polo seu interese, ao dar unha visión moi completa da figura de "Gordillo" e o concello de Marinaleda.

Marinaleda: 30 anos de loita - 1 de 4




Marinaleda: 30 anos de loita - 2 de 4




Marinaleda: 30 anos de loita - 3 de 4




Marinaleda: 30 anos de loita - 4 de 4




Sítios de interese:

"Gordillo" no facebook
http://es-es.facebook.com/pages/Juan-Manuel-S%C3%A1nchez-Gordillo/48384717121

"Gordillo" no Google:
http://www.google.es/#hl=gl&q=%22Juan+Manuel+S%C3%A1nchez+Gordillo%22&fp=70f1902f964ec8e4&biw=1280&bih=828

"Marinaleda" na Wikipedia
http://es.wikipedia.org/wiki/Marinaleda

Web oficial de Marinaleda
http://www.marinaleda.com/

Os datos de Marinaleda - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
http://www.juntadeandalucia.es/institutodeestadistica/sima/htm/sm41061.htm
_______________

Merche Díaz López

Merche Díaz López, San Xurxo – Ferrol 1958, traballadora do SERGAS, sindicalista, membra da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública.

Foi presidenta da Xunta de Persoal (comité de empresa) da Área Sanitaria de Ferrol entre o anos 1987-1991 polo Sindicato Galego da Sanidade SGS, e volta ser presidenta da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol, pola CIG,  nos últimos anos, desde o 2007 até este 2011 que deixa de se-lo.

Participa no movemento político nacionalista galego durante varias décadas.

Continua a desenvolver o seu traballo no hospital A. Marcide e segue sendo delegada sindical da CIG.

Loitadora incansábel polos dereitos das traballadoras e traballadores da sanidade e na defensa dunha sanidade pública de calidade. Agora é membro e participa na Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol é en SOS Sanidade Pública.

Participa dende fai máis de 30 anos en diversos colectivos na defensa dos dereitos da muller, pola igualdade entre mulleres e homes e no eido social a favor dos máis necesitados. Alí onde teña lugar unha mobilización ou unha loita xusta na defensa da clase traballadora, ou na defensa do medio ambiente ou do patrimonio, esta a súa presenza.


Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

SOS SANIDADE PÚBLICA
http://www.sos-sanidadepublica.org/

CIG
http://www.galizacig.com/avantar/

CIG-Saúde
http://www.cig-saude.org/CENTRAL/

CIG-Saúde-Ferrol
http://www.cig-saude.org/ferrol/

||||||||||||||||||||||

Martinha Suárez Martínez

Martinha Suárez Martínez, nace en 1974, mestra e activista social do 15-M que participou na #acampadaferrol.

Da mistura de Caranza e a Costa da Morte, da que proven a súa familia, sae a forza desta activista, que encontrou no movimento 15M unha das suas primeiras experiencias de participación social organizada. Unha experiencia, que non coincidiu exactamente co nacemento da súa conciencia, que a sinte, acompañandoa, desde ben pequeniña. Mestra de profesión e vocación, como moita xente da sua xeración, vive coa eventualidade e a precariedade que corren nestes tempos. Agora, o movemento 15M ocupa a sua actividade e o seu coraçom.


Algúns sitios de interese:
Grupo Aberto en Facebook

Toma á Rúa Ferrol en Facebbok -
Páxina informativa sobre o movemento 15M en Ferrol

Blogue informativo Toma a Rúa Ferrolterra
http://tomaarua.blogspot.com/


|||||||||||||||||||||||||||||||||

Séchu Sende

Séchu Sende -Padrón 1971, escritor, profesor [Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa], activista social e cultural, dinamizador sociolingüístico [..., cofundador da Cooperativa Tagen Ata, Lingua e Comunicación], ... Participou, e nalgúns casos segue participando, de xeito activo en diversos colectivos sociais, como Arredemo, Burla Negra, Area Negra, AS-PG, Nunca Máis e Galiza Non Se Vende.

Na actualiadade move-se dentro das Aulas Indignadas e Comprometidas. Nun escrito postado em #galizarevolution o 27 de Maio de 2011, Séchu Sende reflexiona sobre a acampada do Obradoiro.

Séchu Sende como escritor é un innovador, iniciou-se como poeta vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, mais revelou-se cedo como narrador. Cofundador do proxecto editorial Letras de Cal, que foi no que publicou o seu primeiro libro Odiseas, en 1998. Autor de obras como Orixe [Premio Blanco Amor 2003]. En 2007 publica, o libro de relatos Made in Galiza. Baixo do título ‘Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim’ [Nin en soños vou perder a miña lingua], pública, pola editorial Avesta, esta obra en Curdo da cal leva tres edicións. En Galego xa van sete edicións:
"Dende a súa aparición no ano 2007, ‘Made in Galiza‘, de Séchu Sende, non deixa de se editar. Referencial en moitos centros de ensino pola vitalidade dos seus relatos á hora de estudar as cuestións da nosa (estraña) sociolingüística, os relatos deste volume cativan tamén ano tras ano a un público xeralista que cae rendido diante deste equilibrio de humor, amor, tenrura e retranca que destilan todos e cada un dos relatos do autor padronés" [*].
No seu último libro "Animais", Séchu Sende denuncia a destrución da natureza e chama á acción colectiva para evita-la. "Animais" foi ilustrado polo propio autor, cada poema está acompañado dun debuxo.

Séchu Sende no buscador de Google [+ Info].

Blogue pessoal 'Made in Galiza':
Séchu Sende guionista do Circo de Pulgas Corruselo:
Aulas Indignadas e Comprometidas:
[*] editorialgalaxia.es
________________

Ana Belén Puñal Rama

Ana Belén Puñal Rama, é licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

En 1999 comezou a traballar na revista TEMPOS Novos, onde exerceu como redactora e coordinadora de contidos ao longo destes anos.

É investigadora en Comunicación e Xénero no departamento de Ciencias da Comunicación da USC e membro do grupo de investigación CIDACOM en dita universidade e do seminario Comunicación e Xénero integrado no mesmo. Doutorada na Facultade de Ciencias da Comunicación, en 2001 obtivo o título de suficiencia investigadora cun estudo sobre a imaxe das mulleres na prensa galega dende a transición até o 1999.

Sobre esa mesma temática está a desenvolver na actualidade a súa tese de doutoramento. Foi coordinadora técnica da primeira e da segunda edición das xornadas "Violencia contra as mulleres e medios de comunicación", organizadas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en 2004 e 2005. Participou na redacción da Declaración de Compostela sobre o correcto tratamento da violencia contra as mulleres nos medios de comunicación promovida dende o Observatorio Galego dos Medios, integrado no Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Foi coordenadora de contidos do I Foro Internacional en Comunicación e Xénero organizado polo Observatorio dos Medios en 2006. Tamén participou como organizadora e docente en diversas xornadas e cursos organizados tanto polo Seminario Comunicación e Xénero da USC como polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. En relación co seu tema de investigación, Comunicación e Xénero, realizou dúas estadías de investigación: na Universitát Autónoma de Barcelona, coa profesora Amparo Moreno, e na Universidad Nacional Autónoma de México, coa profesora Aimée Vega Montiel.

É, así mesmo, membra do Observatorio sobre Muller e Conflictos Armados, do IGESIP (Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz).

Pode contactar con Ana Belén Puñal Rama no enderezo electrónico bpunal@xornalistas.com.

Fonte: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

||||||||||||||||||||||||||||||

Manuel Miragaia Doldán

Manuel Miragaia Doldán -A Coruña 1958, é un activista social, filósofo, escritor, investigador, crítico literario e político, a través dos numerosos artigos en diferentes medios de comunicación. Exerce a docencia como profesor no ensino público. Licenciado en Filosofía pura pola USC, Mestre, é especialista en lingua galega.

Como escritor publicou os libros "Xénese e Apocalipse", Edicións do Castro (1981, poesía) e "Manual para escritores e outras sátiras", Ed. Toxosoutos (1997, narrativa). Ademais, traduciu sete libros ó galego e publicou ensaios en diversas revistas como “Arco da vella” (“Nós, os heterodoxos”) e “Agalia” (“A realidade portuguesa no pensamento galeguista”). Continúa producindo obra poética e narrativa.

Vinculado ao movimento veciñal participando na directiva da Asociación Veciñal de Agra do Orzán, na Coruña. Participa no movimento social pola recuperación da Memoria Histórica e é un dos promotores da "Fundación Viqueira".

Fontes: galegos.info, Galicia Hoxe, propia

'Vento Fresco' é a sección onde Manuel Miragaia Doldán escribe os seus artigos de opinión que logo publican diferentes medios como Diario de Ferrol, e Galicia Hoxe.

Enlace de interese:

Esta é unha entrevista actual datada no mes de Xuño do ano 2009, onde se pode apreciar o compromiso e o pensamento do Profesor, Filósofo e Escritor: Conversas Contemporáneas

Tamén ten colaborado no Terra e Tempo.

|||||||||||||||||||||||||||

Xesús Díaz Díaz

Xesús Díaz Díaz -Suso Díaz, nasce no ano 1944 en Ferrol. Obreiro xubilado de ASTANO, activista sindical e analista político.

Ingresou como aprendiz en ASTANO en 1958, daquela tiña 14 anos de idade. Con motivo da negociación do primeiro convenio colectivo de Astano, participou na súa primeira folga no ano 1962 e dende 1966 nas clandestinas Comisións Obreiras do estaleiro de Fene (en Ferrol). Detido en 1969 pasou ao Tribunal de Orden Público (TOP) acusado de pertencer as ilegais CC.OO. O indulto de Franco para sacar do cárcere aos directivos da empresa barcelonesa MATESA -incurriran nun desfalco de moitos millóns de pesetas en subvencións públicas á exportación- levou ao sobreseimento do xuízo  dos acusados de pertencer a CCOO, tras os sucesos do 10 de Marzo de 1972 foi novamente detido e permaneceu dous meses no cárcere d'A Coruña. Tralas eleccións sindicais de 1975 foi membro do xurado de empresa de ASTANO e director do xornal 'A voz do traballo' -Boletín de información interior da Xunta Sindical de ASTANO (1976), e pertenceu á coordinadora de Ferrol de CC OO. Promoveu numerosos actos culturais opositores ao réxime fascista dende a Sociedade C.D.R. Bertón e o Círculo de Perlío. Foi tamén secretario do cineclub Concepción Arenal de Ferrol coa presidencia de José Torregrosa. Trala legalización do sindicato, foi secretario de información e formación en Ferrol e secretario de acción sindical na provincia da Coruña (1977/79), do Sindicato Nacional (1979/83) e da Federación do Metal de Galicia (1983/89). Foi secretario do Sindicato Nacional (1989/2000), membro da comisión executiva e do consello confederal de CCOO e presidente de Consello Interrexional Galicia-Norte de Portugal (1999/2000). Foi fundador da Galeuzca sindical de CCOO con Cataluña e Euzcadi. No plano político foi membro da comisión executiva e do comité central do PCG e da comisión executiva e do consello de Esquerda Unida de Galicia. Na súa etapa, como Secretario Xeral, puxéronse os alicerces da Fundación Paz e Solidariedade, dos CITE, de Forem e da Fundación 10 de Marzo. Ao tempo, instituíron-se os Premios 10 de Marzo e o Parlamento recoñeceu esta data como Día da Clase Obreira Galega. Presidiu a Fundación Cultural 10 de Marzo. Esta última entidade, xunto ao Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) entregaron-lle, en Santiago de Compostela, un dos Premios 10 de Marzo da edición 2010. Perante o bipartito participou dúas temporadas como tertuliano no informativo da noite da Radio Galega “A Crónica” dirixido polo periodista ferrolán Tino Santiago e na actualidade podemos podemos ler os seus numerosos e interesantes ecritos en diferentes xornais da Galiza e no sitio na rede da Asociación Cultural Namentras d'A Coruña, asociación á que pertence.

Fontes: Propia, da EGU de Ir Indo e do SN de CCOO.

Moitos dos seus últimos artigos foron publicados en:

|||||||||||||||||||||||||||

Jordi Calvo Rufanges

Jordi Calvo Rufanges -A Vall d'Uixó, 1975, economista e investigador sobre movimentos sociais, cultura de paz e armamentismo. É membro e investigador do Centre d’Estudis per la Pau J.M. Delàs que forma parte de Justícia i Pau, do CEMS (UPF de Barcelona) e do IUDESP (UJI de Castelló). realizou unha tese doutoral titulada "O Foro Social Mundial e os movementos antisistémicos". Libros publicados: "O Foro Social Mundial, novas formas de facer política" Bilbao, Universidade de Deusto, 2008; "O Fòrum Social Mundial, nous camins per canviar o món", Barcelona, Justícia i Pau, 2008; "O Fòrum Social Català 2008 i 2010. Anàlisi i perspectives de futur", Barcelona, Justícia i Pau, 2010. Os dous últimos pódense descargar gratuitamente en www.justiciaipau.org.

Investigador no Centro pola Paz JM Delàs de Justicia i Pau Barcelona. Cooperación internacional e axuda humanitaria: con Médicos Sen Fronteiras en Mauritania, Uganda, RDC e Zambia e co Movimento pola Paz Desarme e Libertade en Liberia e Costa de Marfil. Educador Social en Centro de Voluntariado en Ajuntament de la Vall d’Uixó Ponente e formador sobre temas de paz, movimentos sociais, participación social, cooperación e axuda humanitaria.

Contacto: jcalvo@centredelas.org

Diario dun Altermundista no xornal "Público":

http://blogs.publico.es/altermundista/

Conta no facebook:

http://facebook.com/jcalvorufanges

Observatorio sobre desarme, comercio de armas, conflitos armados e cultura de paz - Centre d’Estudis per la Pau J.M. Delàs

http://www.centredelas.org/

http://www.justiciaipau.org/


Diario de un altermundista
Antiglobalización + altermundismo + 15-M


Activismo accionarial

Jordi Calvo Rufanges leva anos practicando o "activismo accionarial", que consiste en que as organizacións sociais que son críticas cunha empresa compren accións da mesma para ter dereito a falar na xunta de accionistas. "É máis sinxelo do que parece", cóntanos Jordi á saída xa da reunión do BBVA. "Simplemente hai que comprar unha acción. En calquera sucursal ou oficina podes comprala; é barata, custa uns 10 euros?. No seu caso, os títulos foran delegados por varias organizacións e cidadáns que apoian a campaña contra o financiamento de empresas que fabrican armas nucleares, bombas de acio ou minas antipersonas, entre outras. "Realmente dá igual ter moitas ou poucas accións, déixanche falar o mesmo tempo; a particularidade no BBVA é que con menos de 500 non podes entrar na xunta". [*]

Intervención de Jordi Calvo Rufanges, responsable de campañas de Centro Delàs de estudos pola paz de Xustiza e Paz Barcelona ante a Xunta Xeral de Accionistas do Banco Santander o 17 de Xuño de 2011



Fonte: Canle de Setem http://www.youtube.com/user/setemmadrid

[*] periodismohumano.com
_______________

Jordi Calvo Rufanges
jcalvo@centredelas.org
Centre d'Estudis per a la Pau JM Delàs
Justicia i Pau
933176177 - 658041818
Rivadeneyra, 6, 10es
08002, Barcelona
www.centredelas.org
www.bbvasinarmas.org
www.bancosantandersinarmas.org
__________________

Xoán Ramón Doldán García

Xoán Ramón Doldán García -Ponteceso 1963.

Profesor de Economía Aplicada da USC, escritor e activista social.

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, materia na que tamén se doutorou cunha tese sobre o cómputo dos fluxos materiais, enerxía e auga na industria galega.

En 1993 pasou a integrar o Grupo de Investigación en Economía Pesqueira e Recursos Naturais da universidade compostelá, e as súas investigacións principais centráronse na economía ecolóxica, na contabilización do metabolismo industrial, na economía da enerxía, na economía pesqueira e dos recursos naturais, e na análise input-output.

Foi Director Xeral del Instituto Enerxético de Galicia (Inega), co goberno bipartito PSOE-BNG, desde Setembro de 2005 até Xaneiro de 2008, cargo do que dimitiu.

Preside a Asociación por unha Galiza sen petróleo "Vespera de Nada".

Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

Martiño Noriega Sánchez

Martiño Noriega Sánchez, alcalde de Teo.

Martiño Noriega Sánchez
-A Coruña  1975, é médico. Desde os 4 anos viviu no concello de Teo. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou a especialidade en Medicina de Familia na área de Santiago de Compostela e até xullo de 2007 traballou como médico coordinador na Fundación de Urxencias Sanitarias do 061.

Despois de militar na asociación de estudantes universitarios CAF, e de ser representante dos estudantes no claustro da Universidade de Santiago, dende 1996 comezou o traballo político no BNG de Teo e en 2000 converteuse en voceiro desta formación no concello. En 2006 entrou no Consello Nacional do BNG, e logo das eleccións municipais de 2007 converteuse en alcalde de Teo, cun goberno en minoría. En 2011 volveu ser elixido alcalde ao acadar a maioría absoluta. Ligado ao BNG, Martiño Noriega é membro do Encontro Irmandiño.

Teo é un concello que pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE no 2009 había 17.807 habitantes.

Web oficial do Concello de Teo:
http://www.concellodeteo.com/

Martiño Noriega Sánchez, no buscador de Google:

Reflexións e comentarios de Martiño:

"As institucións son ferramentas (non as únicas) onde os partidos políticos poden intentar transformar a realidade e que as mesmas así deben ser entendidas".

"A día de hoxe téndese moito a compartimentar cidadanía e política en campos afastados, algo que eu penso que non é bo. Eu son un convencido da democracia participativa e coido que todos e todas, en maior ou menor medida, facemos política cando opinamos e nos posicionamos sobre o modelo de sociedade que queremos para nós e os nosos fillos e fillas".


Entrevista de interese:

Entrevista con Martiño Noriega, o primeiro alcalde galego en tomar medidas contra o Teito do Petróleo


A súa conta no facebook.

correo-e: martinhonoriega@gmail.com

Fonte: propia, web do Concello.

|||||||||||||||||

Tareixa Ledo Regal

Tareixa Ledo Regal, socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro.

Tareixa Ledo, é Licenciada en Ciencias Sociais e Políticas; máster en Estudos de Xénero e en Terapia de Reencontro. Na actualidade traballa no Sindicato Labrego Galego (SLG) en tarefas de formación e organización interna. Nacida fóra de Galicia, acabou asentando en Romariz (Abadín), onde viviu durante 15 anos. Foi nese tempo cando naceu nela unha atracción vertebradora polo mundo labrego, unha cordialidade fonda que non pasa pola nostalxia dun tempo pasado, senón por unha ollada crítica que nos últimos anos desenvolveu unha clara perspectiva de xénero.

Fonte: Irimia, propia.

Web oficial do Sindicato Labrego Galego - comisións Labregas:
http://www.sindicatolabrego.com/

Video de interese:

Tareixa Ledo Regal, autora do libro "Lidia Senra Rodríguez. Historia dun liderado entrañable", de Edicións Laiovento, durante a presentación do mesmo. Auditorio de Galiza, 18 de decembro de 2010.





|||||||||||||||||||||||||

Lois Rodríguez Martínez

Lois Rodríguez Martínez - Ferrol 1959, cofundador da Asociación de Medios en Galego.

Lois Rodríguez
, ademais de emprendedor de varios proxectos empresariais relacionados coa comunicación, o desenho e a creación, foi o editor dun medio senlleiro na rede, nun principio como portal galego da comunicación, que uniu a miles de galegas e galegos espallados por diferentes lugares do planeta a través da rede. E despois como informativo diario con máis de 20.000 visitas diarias. Vieiros foi durante 15 anos a referencia informativa da Galiza. O 24 de Xullo de 2010, pechaba por problemas, que o propio Lois explica nunha carta publicada no propio medio: "Até sempre". Non só a presencia do do galego como lingua normal, está presente en todas as iniciativas, senón que o propio idioma, foi e é suxeito de importantes proxectos emprendidos. Independencia, diversidade, pluralidade e compromiso.

Lois mantén unha conta no facebook, restrinxida.


Asociación de Medios Escritos en Galego
http://vello.vieiros.com/ame/


|||||||||||||||||||||