Na actualiadade move-se dentro das Aulas Indignadas e Comprometidas. Nun escrito postado em #galizarevolution o 27 de Maio de 2011, Séchu Sende reflexiona sobre a acampada do Obradoiro.
Séchu Sende como escritor é un innovador, iniciou-se como poeta vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, mais revelou-se cedo como narrador. Cofundador do proxecto editorial Letras de Cal, que foi no que publicou o seu primeiro libro Odiseas, en 1998. Autor de obras como Orixe [Premio Blanco Amor 2003]. En 2007 publica, o libro de relatos Made in Galiza. Baixo do título ‘Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim’ [Nin en soños vou perder a miña lingua], pública, pola editorial Avesta, esta obra en Curdo da cal leva tres edicións. En Galego xa van sete edicións:
"Dende a súa aparición no ano 2007, ‘Made in Galiza‘, de Séchu Sende, non deixa de se editar. Referencial en moitos centros de ensino pola vitalidade dos seus relatos á hora de estudar as cuestións da nosa (estraña) sociolingüística, os relatos deste volume cativan tamén ano tras ano a un público xeralista que cae rendido diante deste equilibrio de humor, amor, tenrura e retranca que destilan todos e cada un dos relatos do autor padronés" [*].No seu último libro "Animais", Séchu Sende denuncia a destrución da natureza e chama á acción colectiva para evita-la. "Animais" foi ilustrado polo propio autor, cada poema está acompañado dun debuxo.
Séchu Sende no buscador de Google [+ Info].
Blogue pessoal 'Made in Galiza':
Séchu Sende guionista do Circo de Pulgas Corruselo:
Aulas Indignadas e Comprometidas:
[*] editorialgalaxia.es
________________