Vídeos da intervención de Juan Manuel Sánchez Gordillo

Juan Manuel Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda, Sevilla.

A primeira hora da mañá, do Domingo 25 de Setembro de 2011, comezaba a Terceira Xornada do Foro Social de Ferrol Terra. A primeira Mesa da mañá, e quinta do Foro, refería-se a: "Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?".

A Mesa foi presentada por Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Participaron nesta primeira Mesa: Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño; Martiño Noriega Sánchez, alcalde de Teo; e Juan Manuel Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda, Sevilla, que interveu en terceiro lugar. Agora presentamos en catro partes a intervención de Gordillo, entre os catro vídeos soman case 37 minutos.

Vídeos da intervención de Martinha Suárez Martínez

Martinha Suárez Martínez, activista da #acampadaferrol.

A primeira hora da mañá, do 24 de Setembro de 2011, comezaba o Foro Social de Ferrol Terra. A primeira Mesa refería-se a: "O Movemento 15-M , que hai de novo? Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo 'democrático' actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M".

A Mesa foi presentada por Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Participaron nesta primeira Mesa:  Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas;  Jordi Calvo Rufanges, economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais; e Martinha Suárez Martínez,, activista da #acampadaferrol que interveu en segundo lugar, despois de Séchu Sende. Agora presentamos en dúas partes a intervención de Martinha, entre os dous vídeos soman pouco máis de 22 minutos.

O bo vivir... Vivir ben..., relatorio de Tareixa Ledo Regal

O BO VIVIR... VIVIR BEN...

Moi bo día a todas e a todos.

Graciñas a cantas persoas e colectivos organizastes este espazo de encontro e debate, este espazo de utopía. Porque, se estes espazos son sempre necesarios, coido que neste momento -ademais de necesarios- están a ser imprescindibles.

Graciñas, ademais, por invitarme a participar nesta mesa redonda para compartir con vós algo das miñas buscas, das miñas reflexións, dos meus soños. Que non van ser completos -evidentemente- mentres non poñades vós tamén en xogo as vosas buscas, as vosas reflexións e os vosos soños...

Galería Fotográfica das mesas e asembleia da xornada do Domingo 25 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das dúas últimas mesas da Xornada


A Galería Fotográfica pertence á Xornada do Domingo 25 de Setembro de 2011 do Foro Social de Ferrol Terra na que se desenvolveu dúas mesas e unha asemblea en Xornada de mañá:

Galería Fotográfica das mesas e asembleias da xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das catro mesas da Xornada de mañá e tarde


A Galería Fotográfica pertence á Xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 do Foro Social de Ferrol Terra na que se desenvolveu catro mesas e dúas asembleas:

Galería Fotográfica dos actos do 23 de Setembro de 2011 - Audio da retransmisión en directo desde Rádio Filispim


Deu comezo o Foro Social de Ferrol Terra, este 23 de Setembro, cunha manifestación e unha actuación músical

As actuacións musicais no Foro Social de Ferrol Terra do venres 23 de Setembro de 2011 - Vídeos

Foro Social de Ferrol Terra
Ferrol, 23, 24 e 25 de Setembro de 2011

Actuación Musical

O venres 23 de Setembro de 2011, unha vez rematada a manifestación deu comezo un pequeno concerto, no mesmo lugar onde finalizou a manifestación. O concerto de "Voces Indignadas e Comprometidas", contará coa participación de: Jorge Mirancos, Fefi, Manolo Bacallao,  e  Memela d'As Cantareiras de Trasancos..

A continuación presentamos os videos das actuacións:

Rolda de Prensa da Comisión Organizadora do Foro Social de Ferrol Terra - Áudio


Foi presentado o Foro Social de Ferrol Terra, en Rolda de prensa no Pazo Municipal do Concello, hoxe Mércores 21 de Setembro, ás 12 do mediodía. Foro Social que terá lugar o Venres 23 -en diferentes rúas e prazas de Ferrol, e o 24 e 25 -Sábado e Domingo, no Campus Universitario de Esteiro da UDC. Baixo o lema: "Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida" transcorrerá a manifestación e o Concerto do Venres 23-S e “Pensando no global, actuando no local”, será o lema do Foro que terá lugar o Sábado 23 en sesións de mañá e tarde e o Domingo 25 en sesión de mañá.

Manifesto que acompaña á manifestación e ao concerto que se vai celebrar na tarde do Venres 23 de Setembro de 2011

MANIFESTO

Outra Comarca,
outra Democracia,
outra Vida

A unha comarca profundamente afectada polo desemprego, a destrución medio ambiental, como sucede coa nosa Ría, e a perda de poboación, chegan a diario mensaxes que falan de crise, de que hai que facer sacrificios, de que non hai recursos. Chegan a diario mensaxes de que a impunidade da corrupción e o cansazo, se teñen instalado en moitas institucións, onde a democracia leva tempo perdida entre corredores. Chegan a diario mensaxes que falan de seres humanos que, a milleiros, son vítimas da fame ou das guerras. Chegan a diario mensaxes que falan de que un anaco de terra ou de ceo perdéronse para sempre, na ambición destrutora e contaminante.

Divulgación do Foro Social de Ferrol Terra nos medios e na rede

Nesta última etapa do proceso do Foro, aumenta o grado de difusión do mesmo, tanto por entradas no Blogue (8.581 | 27.09.2011 ás 12:34) como por resultados no buscador de Google -en Galego-( 25.400 resultados | 27.09.2011 ás 12:36), por difusión nos medios convencionais impresos e dixitais, así como por mención do evento en diferentes web e blogues. Tamén o Foro ten presencia nas redes sociais.

Convocado o "Foro Social de Ferrol Terra" para os días 23, 24 e 25 de Setembro de 2011

A convocatoria deste proceso de encontro, reflexión e creación de espazos de colaboración, que vai ter lugar na comarca de Ferrol Terra, os próximos 23,24 e 25 de setembro, é froito do esforzo colectivo e de necesidade, mostrada por unha parte importante das organizacións sociais da comarca, de realizar unha posta en común das análises e alternativas para afrontar a realidade social, política e económica. Unha posta en común que axude a criar espazos de entendemento e colaboración, tan necesarios nesta férrea ofensiva neoliberal, de perda de direitos e liberdades, e de deturpación democrática.