Rolda de Prensa da Comisión Organizadora do Foro Social de Ferrol Terra - Áudio


Foi presentado o Foro Social de Ferrol Terra, en Rolda de prensa no Pazo Municipal do Concello, hoxe Mércores 21 de Setembro, ás 12 do mediodía. Foro Social que terá lugar o Venres 23 -en diferentes rúas e prazas de Ferrol, e o 24 e 25 -Sábado e Domingo, no Campus Universitario de Esteiro da UDC. Baixo o lema: "Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida" transcorrerá a manifestación e o Concerto do Venres 23-S e “Pensando no global, actuando no local”, será o lema do Foro que terá lugar o Sábado 23 en sesións de mañá e tarde e o Domingo 25 en sesión de mañá.


As compañeiras Susana Alaníz do Foro Galego de Inmigración e Bárbara Primo da Marcha Mundial das Mulleres, acompañadas dunha representación das entidades e persoas organizadoras, presentaron ante diferentes medios de comunicación, o Programa e Obxectivos do Foro Social.

O "Foro Social de Ferrol Terra" pode ser o espazo que nos permita ás organizacións e activistas, un encontro de reflexión en común e unha oportunidade para criar dinámicas de colaboración. Esta colaboración fai-se imprescindible, frente á ofensiva que o capital nos ten preparado para este outono en Europa, e que tamén na nosa comarca, ten a súa expresión nos distintos proxectos que emanan das novas corporacións, e que debemos afrontar.

Audio cedidido por Rádio Filispim -93.9 da FM- e agora en directo na Rede.



Descargar o audio

O Álbum Fotográfico foi cedido pola A.C. Fuco Buxán

|||||||||||||||||||||