Galería Fotográfica das mesas e asembleias da xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das catro mesas da Xornada de mañá e tarde
A Galería Fotográfica pertence á Xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 do Foro Social de Ferrol Terra na que se desenvolveu catro mesas e dúas asembleas:
"O Movemento 15-M , que hai de novo? - Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo 'democrático' actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M", presentada por Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres. E na que interviñeron: Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas; Martinha Suárez Martínez, activista da #acampadaferrol; Jordi Calvo Rufanges, economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais.
"Son posíbeis outros medios de comunicación? - Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?", presentada por Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal, na que interviñeron: Lois Rodríguez Martínez, cofundador da Asociación de Medios en Galego; Belén Puñal Rama, xornalista, investigadora, foi redactora da revista Tempos Novos; Mariano E. Fernández Cabarcos, Coordenador Legal da Rede de Medios Comunitarios (ReMC).
"Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético - A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento", presentada por Manuel R. Carballeira, coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia, na que interviñeron: Xoán Ramón Doldán García, profesor de economía aplicada e ecoloxista; Manuel Rivera Iglesias, presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa intercultural Armeria; Isabel Vilalba Seivane, activista sindical agraria, do movimento internacional agrario 'La Via Campesina'.
"Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?", presentada por Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG, na que interviñeron: Merche Díaz López, da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, sindicalista; Silvia Bermúdez Pérez, sindicalista da CIG, licenciada en dereito, vinculada á FESGA; Xesús Díaz Díaz, ex-secretario xeral de CCOO-Galicia; Vitoria Iglesias Morales, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.
O Colectivo Opaii! de Rádio Filispim está restramitindo en directo o Foro Social. A continuación publicamos os audios das catro primeiras mesas: un sobre "O Movemento 15-M , que hai de novo? ...", e outro sobre "Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?", "Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético" e "Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? ...", máis adiante publicaremos todos os audios incluidos os das asembleais, pode-se acceder aos mesmos no sitio na rede do Colectivo: http://opaii.blogspot.com/
O Consello Local do FSdeFerrolTerra, tamén publicará na rede, os vídeos das Mesas, do cal daremos conta, no momento da súa edición e o notificaremos por correo-e a todas as persoas inscritas no Foro e a aquelas que no-lo soliciten.
Áudios
Xornada de Mañá
Mesa 1: "O Movemento 15-M , que hai de novo? - Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo 'democrático' actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M"
Descargar o audio
Mesa 2: "Son posíbeis outros medios de comunicación? - Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?"
Descargar o audio
Xornada de Tarde
Mesa 3: "Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético - A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento"
Descargar o audio
Mesa 4: "Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?"
Descargar o audio
|||||||||||||||